jueves, 12 de julio de 2012

Robert Crumb, entrega VI: algo de Crumb na rede


"When I´m not drawing, I´m NOTHING... So Keep Drawing Daddy-O, ´cause the moment you stop, you´re nothing again!" (R. Crumb, 1975)

   Perdón pola tardanza, pero non foi tan fácil atopar o que tíñamos pensado de Crumb na rede: parece ser que certas cousas foron borradas, e lamentablemente, pois unha delas era das que máis apetecía agora, sobre todo pensando en J.
   Ben, propoñemos ler na propia rede esto de Crumb, pero quede claro que non  consideramos que sexa "o mellor" de Crumb, senón só algunhas cousas que están ben ou bastante ben de Crumb e atopables con facilidade na rede, e nada máis. Esperamos ser comprendidos. Máis adiante escribiremos doutras cousas que buscar na biblioteca pública, e estamos pensando na González Garcés de Elviña, en Coruña, que ten agora unha comicteca na planta superior, no propio pasillo, con moito de Crumb, e nas biblios municipais de Coruña cidade, como por exemplo a do Fórum, no parque Europa. Claro que en Cambre e arredores hai tamén, pero pode que non teñas moito de Crumb, ou nada, por descoñecemento, probablemnte (podo equivocarme: ¡espero!).
   OK. Por orde cronolóxica non demasiado rigurosa, propoñemos isto (é mudo ou está en inglés, pero se entende ben):
   1) "Fritz, the cat", a gran serie dos anos sesenta; unha forma de ver como entende RC iso que dimos en chamar "funny animals". Presentamos aquí só o comezo da serie, con horripilante rotulación engadida (non é a de RC), e cos típicos debuxos do primeiro RC cos tramados verticais e a liña fina do rapidógrafo: pinchemos aquí (son dez páxinas: pasamos a seguinte pinchando sobre o gato que corre para a dereita, abaixo). Se queremos ver a saga completa, La Cúpula ten unha edición (non apta para menores, ollo) que podes atopar en calquera biblio pública indecente;
   2) unha coñecida e breve historia (dos primeiros tempos) do personaxe Mr. Natural, creado nos sesenta por RC e aínda "vivo" (non como Fritz, que foi "matado"en 1972  por RC nunha famosa viñeta: quería desfacerse dunha serie que acababa con el). Lamentablemente está en YouTube "reconvertida" en non se sabe que, e con ruidiños: pedimos por favor sexa vista con paciencia e sen son. Se hai algo insoportable é ver cómics en tv ou vídeo con banda sonora: dá noxo. Pinchemos aquí;
   3) outra famosa historia un tanto filosófica dunha páxina e dos primeiros tempos de RC, non moi ben reproducida. É muda. Pinchemos aquí...;
   4) e "Stoned again!" ("Colgado de novo!"), outra máis deses tempos, muda e igualmente famosa (e mal reproducida, claro): pinchemos, queridos;
   5) agora outra das máis famosas, "A short History of America", practicamente muda. Presentamos a menos mala de internet (hai outras peores,  e incluso con viñetas engadidas a posteriori). Podes vela como serie de viñetas en columna aquí (pincha), e polo tanto deixando non se sabe onde a composición orixinal en catro páxinas "en branco e negro" de tres viñetas cada unha. Tamén podes vela en YouTube, e por favor quita o son, please: aquí. (A data que consta abaixo non é a do cómic, senón a dunha película sobre RC moi posterior: este cómic debe de ser dos setenta e poucos);
   6) nesta páxina verás un montón de cousas de distintas épocas: a) as dúas últimas páxinas da historia chamada "That´s life" (1975), sobre a vida e morte dun bluesman e como un personaxe que representa a RC busca un vello disco del nunha casa rural dunha vella; b) logo vemos catro cancións versioneadas por RC, e unha delas dun  Hendrix un tanto pasado; c) e logo damos un salto, pois "a" e "b" son dos setenta, e agora pasamos ao comezo dunha historia dun bluesman debuxada en 1984 e nun estilo diferente: neste momento RC probaba a debuxar con plumilla, si, pero tamén con pincel, e facendo uns encadres un tanto diferentes aos típicos del, máis convencinonais ou de comic-book. Esperemos que non sexa moi lioso: pincha e sobrevive;
   7) nesta páxina (?) tíñamos localizada a excelente "That´s life", de 1975, pero desapareceu despois de ser gardada nos meus "favoritos". E logo din que non hai meigas... Intentei de mil formas atopar de novo esa historia, en inglés, pero completa, e nada. De todos xeitos está editada por La Cúpula no album "Crumb. Mis problemas con las mujeres", en calquera biblio pouco recomendable e nunca, nunca na sección infantil;
   8) historia atípica de RC, outra vez con moito pincel, pois estamos en 1985 ou 86, e RC está aínda utilizando o pincel máis do normal e encadrando as viñetas de maneira pouco habitual nel, estilo comic-book ou en calquera caso máis convencionalmentre do que acostuma. Vai sobre a peculiar personalidade do escritor estadounidense de ciencia-ficción Philip K. Dick, moi versioneado no cine, aínda que non sempre ben (en "Blade runner", si, desde logo): pinchemos aquí. Se queres lela en castelán, en La Cúpula, no album "Crumb. La historia de mi vida". Nunca na sección infantil da túa biblio, xa sabes;
   9) imos un pouquiño para atrás, a 1984: esta historia de doce páxinas é outra de tantas dedicadas aos bluesmen. Neste caso sobre C. Patton. O estilo é o xa dito: moito pincel nestes anos oitenta (non despois, que volvrá e a precindir del, polo menos nesa medida). Pincha aquí; se queres vela en castelán, no album "Mis problemas..." xa dito;
   10) unha historia dunha páxina de Mr. Natural co seu amigo (?) Flakey Foont, quen pasa un período pelín existencialista. É de 1997. Se queres vela en castelán, La Cúpula ten polo menos tres volumes dedicados a Mr. Natural, mais xuraría polo brazo incorrupto do santo que queiras que non aparece en ningun deles. Podes buscar na biblio, sector Lectores Criminais;
   11) unha sorpresiña, porque no fondo somos corazonciños románticos: de cando RC era bo e debuxaba postais de cumpreanos: pincha aquí. Se para quedar ben coa bibliotecaria queres buscar isto na sección Lectores Benpensantes Politicamente Correctos, olvídao, meu ben: non atopas isto na túa biblio nin rezando;
   12) sorpresiña final: os debuxos de RC e do seu irmán maior, Charles, cando eran nenos. Ambos estaban obsesionados por "A Illa do Tesouro" de Stevenson, despois de ver a película. Especialmente Charles. Ben, pois pinchemos e vexamos iso, e máis cousas...

   Nada máis por hoxe. En breve ofreceremos outras lecturas de Robert Crumb  mellor escollidas para atopar na biblioteca, se é que deixan alí entrar aos lectores crimi... ¡Ups!, queremos dicir, aos lectores de Crumb.

No hay comentarios:

Publicar un comentario