jueves, 21 de junio de 2012

Vivès e Chéjov: Reunión V (21.6.12)


"La cosa pierde color/ Cuando la piensas dos veces/ Y más dispuesto pareces/ A pensar en lo peor..."

   E finalmente houbo reunión sobre Chéjov e Vivès...
   Soamentec estivemos tres, xa que un imprevisto fixo imposible a presencia de K.
   Falamos do album "El gusto del cloro", moi en xeral, e do estilo do seu autor, das súas intuicións e habilidades, e das supostas faltas de habilidade e intuición. Fixemos algo parecido a unha valoración xeral deste autor francés, co bo e o non tan bo, e sen embargo bastante bo tendo en conta os vintecatro anos que tiña cando debuxa este cómic (non obstante, por favor, lembremos que, por exemplo,  Orson Welles tiña vinteséis anos cando dirixe "Cidadán Kane", ou Thomas Mann vintecinco cando publica a novela "Os Buddenbrook", ¿mh?). Falamos do "tempo lento", das cores escollidas, e das misteriosas palabras dela baixo a auga (que comparamos coa caixiña do nipón do filme de Buñuel "Belle de Jour": Buñuel chegou a declarar que esa caixiña tiña dentro... o que o espectador queira que teña); das sorprendentes páxinas en branco e de se ela estaba ou non estaba interesada por el, e a razón de que deixara de ir.
   ¿Chéjov? Ben, del falamos xa menos, pois ao parecer os seus contos (tres) non foron vistos por todos, ou se recordaban non moi ben. Intentamos atopar un parecido entre as palabriñas de "Una bromita" e as palabras dela baixo a auga no album "El gusto...", o seu efecto semellante na historia rusa e no cómic. E logo do suposto parecido de "El beso" de Chéjov e este cómic: ¿a ilusión e posterior frustración, por exemplo? Ou do conto "Del amor", outra vez cunha historia de amor de (non) desenlace non feliz onde a frustración sufrida polo relator e tamén por ela poden recordar a frustración do rapaz da piscina, salvando as distancias. Comentamos tamén que non parece que Vivès teña vistos estes contos chejovianos, e menos despois de ler declaracións con referencias ás tartaruras Ninja e similares, pero iso non quita que haxa certo parecido nos contidos. E tamén na forma de contar: o demorarse nos pequenos detalles aparentemente non significantes, a relación entre os personaxes, a falta de trama clásica, os finais abertos...
   Falamos igualemnte do futuro deste club. Estamos de acordo, polo menos tres (talvez catro), en seguir con Crumb e Trapiello. A forma de facelo será na rede no que respecta a Crumb, e en papel con fragmentos dos diarios no que respecta a Trapiello. De momento nos próximos días teremos neste blog enlaces para poder ver e ler certos cómics breves de Crumb no ordenador (e se alguén quere máis, nas biblios públicas hai moitísimo, como xa diremos); de Trapiello probablemnte será mellor facelo doutro xeito, talvez con precisas indicacións para buscar na biblio pública, ou, se non, tomándose a molestia de pasar pola conserxería deste IES ao comezo do mes de xullo, se hai vontade para iso, que parece que si.
   Sen máis, quedamos pendentes deste blog...

No hay comentarios:

Publicar un comentario