domingo, 12 de febrero de 2012

Kafka, debuxante

Son moitos os escritores que tamén tiñan a súa faceta de debuxantes ou pintores, con maior ou menor acerto, e así podemos ver na rede reproducións dos debuxiños pintados de Herman Hesse, Dino Buzzati (que chegou a publicar un cómic que temos na nosa biblio), Tolkien (con debuxos moito mellores que os da maioría de ilustradores que utilizan para as edicións das súas obras, por certo, xa que consideramos que non hai que confundir capacidade "académica" para reproducir corpos e cousas con fidelísimo trazo, con ser bo debuxante, pintor ou ilustrador), Andrés Trapiello, o poeta William Blake, García Lorca, o inclasificable Jean Cocteau, Ernesto Sábato, Castelao, ou tantos outros... Basta con buscar en Google-imaxes escribido "debuxos ou pinturas de Fulano", e listo.
Pois ben, tamén Kafka debuxaba, e bastante ben, todo hai que dicilo. Temos unha relativamente recente edición de debuxos kafkianos en España (pincha aquí), e en moitas obras editadas no noso país engaden os editores reproducións deses debuxos. Os orixinais están, claro, na casa-museo de Kafka, en Praga (Chequia).
Pincha aquí para ver na rede algún deses debuxos (ollo: non todos os ofrecidos aquí por Google son do mesmo Kafka: mira ben a letriña debaixo de cada imaxe se pinchas sobre ela, please).
PS: Para saber cando e onde é a reunión III, ver a entrada anteror a ésta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario