jueves, 23 de febrero de 2012

Entrega IV: Borges e Hugo Pratt

Obras escollidas: “Tema del traidor y del héroe” (conto de 1944) e “Concierto en O´ menor para arpa y nitroglicerina” (cómic da saga de Corto Maltese publicado en 1972: o título na edición en castelán está mal, pois non é "Do", senón a con apóstrofo dos apelidos irlandeses), respectivamente. Pincha aquí para ler "completo" o conto de Borges . Se tes dificultades podes intentalo aquí.
Nesta Entrega IV temos un breve conto do arxentino Jorge Luis Borges (1899-1986) , e un cómic de só vinte páxinas escrito e debuxado polo italiano Hugo Pratt, que vivíu durante bastantes anos en Arxentina e gran lector –tamén de Borges, claro–, pertence á serie de historias curtas da saga de Corto Maltese (a edición que utilizaremos non é boa nin en imaxe nin en tradución ao castelán, pero polo menos tremos así unha edición en branco e negro, como foi orixinalmente ideada por Pratt, e non con cores engadidos que sobran).
Ambas transcorren en Irlanda e tratan da loita dos irlandeses contra o Imperio Británico, se ben a de Borges ten lugar no XIX e a de Pratt en 1917. Outra diferencia: a historia borgeana é máis ben “libresca”, erudita; a de Pratt ten máis acción e engade unha segunda historia entre Corto e Banshee-Moira que inclúe unha das máis coñecidas “despedidas” entre Corto e a longa lista de amores imposibles... Agora ben, o relato prattiano está inspirado no borgeano, pese ás diferencias, e de aí o de xuntalos aquí.

¿Que facemos con este blog? Pois pasar por aquí de cando en vez para ter información que axude a comprender os relatos algo mellor, ou a enriquecer a nosa lectura, ou para compartir entre nós as nosas visións, opinións ou dúbidas (dubidar está moi ben: é bo para a saúde).

Sobre a lectura do cómic: Lembra todo o dito sobre como ler os cómics anteriores. O mesmo agora, se ben tendo en conta que a forma de narrar de Pratt é distinta. Na saga de Corto na que nos atopamos Pratt, moi no seu estilo, nada entre dúas augas: a do lector medio de cómics, que pide unha aventura, unha historia de acción, e a do outro lector que pide algo máis, ese xoguiño que tanto gustaba a Borges e a Pratt: construír novas historias a partires da erudición; poñer a erudición a traballar para crear novos relatos onde a ficción e a realidade mestúranse de tal xeito que son xa inseparables... como na vida mesma (e se non, que lle pregunten a Cervantes).

No hay comentarios:

Publicar un comentario