martes, 3 de abril de 2012

"El gusto del cloro": o espacio I (o espacio que "abre")

Blam!
Podemos comezar a análise do album de Vivès tendo en conta o espacio e o tempo. Tomemos agora o espacio:
1) Xa desde o principio o autor demostra unha admirable habilidade para ubicar ao lector no espacio (a enorme piscina) a pesar do fraccionamento das escenas (múltiples viñetas, primeiros planos, fragmentación do tempo, etc.). Esa orientación do lector nese fraccionamento consíguea introducindo frecuentemente planos xerais onde os personaxes aparecen dentro dun “gran” espacio, ou aparecen ambos debuxados no cadro, ou aparecen dentro dunha habitación ou similar que o lector pode ver en toda a súa amplitude ou case (a piscina na páx. 7, viñeta II; 9-I; 12-III; 22-V; etc.; a clínica: 4-III; a entrada da piscina: 7-II e 8 enteira, ou noutras posteriores; os vestiarios en relación coa piscina: 12-II-III, 42-I-III-IV-V, 81-II, etc.; incluso o fondo en relación coa superficie: pp. 73, 88-89 e as do final). De toda esta necesidade de combinación de pequenos planos (fraccionamento, montaxe de diferentes planos ou aquí viñetas de primeiros planos ou planos-detalle) e planos xerais que engloben a totalidade do espacio e/ou o suceso contado (espacio da acción, os distintos personaxes aparecendo simultaneamente no cadro máis alá do fraccionamento anterior ou posterior da acción en planos curtos, etc.), fala o teórico francés do cine A. Bazin no artigo “El montaje prohibido” (1953-4) incluído no seu libro xa clásico ¿Qué es el cine? (Rialp): “El montaje no puede utilizarse más que dentro de límites precisos, bajo pena de atentar contra la ontología misma de la fábula cinematográfica. P. e., no le está permitido al realizador escamotear mediante el campo-contracampo la dificultad de hacer ver dos aspectos simultáneos de una acción. (…) Cuando lo esencial de un suceso depende de la presencia simultánea de dos o más factores de la acción, el montaje está prohibido. Y vuelve a recuperar sus derechos cada vez que el sentido de la acción no depende de la contigüidad física, aunque esté implicada. P. e., Lamorisse [un realizador] podía mostrar (…) en primer plano la cabeza del caballo volviéndose hacia el niño como para manifestarle sumisión, pero debería haber ligado dentro del mismo cuadro a los dos protagonistas en el plano precedente.” Aplíquese isto aos personaxes en relación na historia de Vivès, ou ao desprazamento del na auga da piscina, ou a baixada ao fondo, a visita ao fisio, a estancia no vestiario, etc. ¿Cumpre Vivès ou non? Si, e parece fácil, mais non o é , e menos a súa idade: miremos os cómics vulgares e notaremos que esta habilidade de Vivés non é frecuente. Orienta ao lector e dá solidez, realidade e verosimilitude ás escenas. ¿Pasa desapercibido?: para iso están as segundas lecturas. O bo lector é sempre o que rele.
Engadimos enlace por se queres ler o artigo de Bazin na rede (aquí), e outro doutro artigo (aquí) no que fala dos tipos de montaxe no cine que complementa ao anterior e que sen dúbida todo afeccionado ao cine e ao cómic debería ler (desmonta moitos tópicos sobre a montaxe);

2) desde outro punto de vista cabe destacar igualmente a sensibilidade deste autor para utilizar frecuente e brillantemente o “plano subxectivo” (a mirada do lector coincide coa do personaxe), co cal o lector “segue” o desprazamento do protagonista ubicándose con el, ou incluso identificándose. Podemos acudir de novo a casos concretos: páx. 22, viñetas I-II; de 22-V ata 25-VI, pasando logo á 26-I onde ubica aos personaxes como dicíamos arriba antes; 31 (final); de 33-I ata 35, onde “perseguimos” á chica con el e descubrimos o seu pelo mais non a cara completa; 50-51; 112-V/ 113-IV/ 115-V/ 116-IV; 118-III-123, se ben non sempre; e tantas outras. Esas series de 22-25 (descubrimento da chica que se achega) e 33-35 (seguemento para ver a súa cara, ou case), son comparables á escena final da piscina, cando el buceando case colle polo pé á chica (volveremos sobre iso).Debemos recordar que a piscina, a auga, os corpos semidesnudos fan bastante máis difícil ofrecer referencias espaciais e de obxectos ao lector para que éste se sitúe e sitúe aos personaxes. Por non falar do difícil que debe de ser non aburrir ao lector cun espacio tan pequeno, pechado e monótono. Non era tarefa fácil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario