jueves, 1 de marzo de 2012

Hugo Pratt sobre Borges

"Yo creo interesante contar las cosas verdaderas como si fueran leyenda, y a la inversa. A menudo he dicho verdades de tal forma que han pasado inadvertidas. Borges ha escrito bastante en ese estilo. Me gusta mucho Borges: es un poco especial, elitista, aristocrático. (...) Borges siempre ha contado historias verídicas como si fueran falsas o historietas de ficción que podrían haber sido posibles." (Hugo Pratt, nunha entrevista de finais dos setenta)

3 comentarios:

  1. E un bo comentario sobre a obra "borgiana". Sempre pensei que Borges contaba algunhas historias de lenda cun trasfondo real, e viceversa, as obras que parecen feitos reais engadian elementos ficticios. Como na vida mesma vaia...gran comentario de Pratt. Dende logo o seu comic "As celticas" (lido enteiro por este "ente" chamado Kar) non defraudou para nada.

    A historia do que pasou en Irlanda (e das suas tradicions) parecen importantes para entender tanto o comic, como o relato de Borges. Estou indagando..ten boa pinta a busqueda.

    Ata pronto.

    ResponderEliminar
  2. Ola, Kar: pronto meteremos unha entrada para ter algo de información breve sobre o de Irlanda (e outras entradas máis sobre varias cousas).
    Xa che dixen before que HP non sería para ti indiferente. Xa falaremos, pero hai algo na súa forma de proceder, de pensar, de xuntar experiencias e/ou lecturas que un atopa, creo, tamén en vostede... Por iso non sería tan raro que nun futuro vexas como a túa persoa busca máis e máis deste autor nas biblios públicas e librerías ("Verano indio", "Jesuita Joe", "Fábula de Venecia", "La balada del mar salado", "Los Escorpiones del Desierto", "Macumba para gringo", tamén baseada nun conto de Borges sobre Xudas, etc.). Xa falaremos, xa che digo.
    O da mestura de ficción e iso que a xente chama "realidade", si , é moi de Borges. Pero tamén de Cervantes, de de Pratt, e de Trapiello, e de Crumb, e de... E dos humanos, diría eu: a vida dos humanos é mestura de ambas foitas, non porque engadamos ficción á "realidade" desde fóra, senón, creo, porque a vida humana "é" ficción en grande e irremediable medida, Kar. Forma parte de nós, como os soños, que tamén son parte de nós, son vida e son ficción, e non, ¿ou é que non son reais e non existen...?
    Un saúdo.
    D.F.

    ResponderEliminar
  3. Volvendo sobre ese album, "Las Célticas", que inclúe catro das historias curtas de Corto, de vinte páxinas cada unha. Esas historias curtas son vinteunha historias en branco e negro publicadas na revista francesa "Pif", creada polo Partido Comunista de Francia, entre 1970 -73. Foron ideadas por Pratt despois do album "La balada del mar salado" (1967), que era bastante extenso e sen protagonista: era unha obra coral, na que Corto aparece por primeira vez, pero sen ser o personaxe principal. Pois ben, esas historias curtas logo serán reunidas en álbumes en Francia, en Italia, logo en España (daquela maneira). "Las Célticas" leva dentro catro delas, do ano 1972, e todas elas están cargadiñas de literatura, como viches. A que temos escollida ten relación con Borges; as outras con Shakespeare, Schiller, as lendas artúricas, D.H. Lawrence, Orlando de Roncesvalles, as marionetas sicilianas, o Zohar e a cultura hebrea e a cidade de Toledo (lembra que Pratt ten sangue sefardita pola parte da súa avoa materna, creo, e se nota nas súas historias), Don Quixote, o teatro e a indifernciación entre obra e "realidade", etc. Non recordo moi ben: esas historias fai moito que non as reviso con tempo, pero teño eses recordos vagos na miña cabeza. O dito, a mestura entre ficción e non ficción.
    Moitas veces as histoiras de Corto enganan: parecen pura acción, pero hai moitísimo diálogo, e moita información falada entre os personaxes que nunha lectura rápida pasa desapercibida pero quen estea atento aprehende. Tamén iso está en Borges, pero Borges, creo, era unha persona que non vivíu: era lector e todo o coñecía por libros. Non creo que estivera namorado na súa vida de ninguén (agás da súa mami); penso que non tratou coa vida de ti a ti. Pratt era todo o contrario: gran viaxeiro, coñeceu a xente de todas as cores e todas as partes, contaba historias e escoita historias, coñecía mulleres e estivo en numersas ocasións namorado, tocaba, era gran conversador... Os personaxes que aparecen nas súas viñetas dá por descontado que exsisten, incluso certas mulleres de pinta e nome ben exóticos.
    Será mellor que o deixe. Basta. Nin unha palabra máis. Un xesto, que dicía o outro.
    Chao...

    ResponderEliminar