viernes, 27 de enero de 2012

Daniel Clowes no noso país e na nosa biblioteca

Clowes editado en España: Se temos en conta soamente o publicado como album, tedes un montón de cousas en La Cúpula, e se pinchas aquí accedes ao catálogo desa editorial catalana. Se agora pinchas aquí podes ler algo sobre Ice Haven (Ed. Mondadori) no famoso blog de cómics "La Cárcel de Papel" (perderse un pouquiño polas entradas deste blog merece a pena). Para máis información, aquí tes unha entrevista co propio autor, e aquí podes ir á Wiki, se é que tes o día máis ben vago.
Clowes na nosa biblio: Non podemos ter calquera cousa, e ter temos desde fai moitísimo tempo Ghost World (Mundo Fantasmal), editado por La Cúpula, moi recomendable. Hai versión cinematográfica desde fai anos, pero a verdade é que está moi cambiada respecto ao cómic, e introducen nin máis nin menos que ao propio Robert Crumb como personaxe, amigo do director , Terry Zwigoff (que fixo un impresionante documental sobre Crumb) e mentor de Clowes, Tomine e tantos outros autores "alternativos" de EE UU, Canadá ( Chester Brown, Matt...) ou Europa (Max, Brieva...). Temos tamén o album a cor Wilson, moi bo igualmente e morto de risa nos anaqueles da nosa biblio esperando ao Fin do Mundo e o Xuízo Final, amén (aleluia, etc.).
Se alguén quere comentar algo (aleluia, amén, etc.) sobre estas obras, todas atopables nas biblios públicas, sería moi de agradecer. E xa.

1 comentario:

  1. Ola, meus queridos amigos: noto con certo medo que algún que outro comentario aparece "con retraso" ou cunha extraña hora ou día na súa cabeceira, polo que: 1) sospeito que algo vai mal con Google, Blogger, Mozilla ou non sei, pero algo; 2) recomendo aos señores anónimos que unha vez editados os seus comentarios conmproben se aparecen e se aparecen no día e hora que está mandadado, e se non, que escriban ao meu correo-e para que eu saiba que se pode facer, porque ás veces non aparecen no blog pero si no correo-e deste departamento.
    Atentos: Marte ataca!
    PS: ¿Todo ben con Kafka e Clowes?

    ResponderEliminar