domingo, 15 de enero de 2012

De cómic en Biblioafonso


No blog da biblioteca do noso IES ás veces hai entradas sobre cómics que talvez agora que estamos nestas desde club poden interesar (ou non, que diría o outro). Basta con entrar de cando en vez nese blog chamado "Biblioafonso" e premer enriba da etiqueta que di "Cómic".

Ten lóxica.

(As etiquetas están na columna da dereita, baixando bastante. Neste blog noso tes ademais un enlace a ese e outros blogs, a dereita: bota unha ollada; non morde).

PS: E se quieres deixar conmentarios alí mesmo en Biblioafonso, tamén se pode. Incluso se agradece, porque haber hai bastantes poucos (ou ningún).

5 comentarios:

  1. que debuxos tan bonitos ten este blog
    os fas ti?

    ResponderEliminar
  2. En realidade, querida anónima, é cousa de trasnos segundo o meu veciño, que é un tipo moi listo que le os diarios todos os días e ten a súa casa chea de libros gordos e importantes. A min sen embargo paréceme demostrado cientificamente que son os extraterrestres. Mira se non: eu escribo unha entrada e logo outra, e logo (des)espero que os compoñentes do club deixen caer nelas os seus sesudos comentarios, e mentres fago de todo: ceno, vexo unha peli de tres horas e media, lavo os platos, escribo as miñas memorias... e durmo. E cando durmo soño, e soño con certas imaxes que cando dou en espertar aparecen coma por arte de maxia ¡na cabeceira das entradiñas deste bloguiño, queridísima anónima, na cabeceira mesmamente! Extraterrestres, xa che digo, ¿que se non? (A proba científica a tes nos debuxiños das entradas sobre Tomine: parecen astronautas mesmamente).
    De todos xeitos non teño claro se sonche debuxiños ou cómics alieníxenas, q.a.
    ¡¡¡¡Coidado, querida anónima, un extraño ser verde con antenas nas orellas á túa esquerda!!!!
    (E así todo o día, creme...).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ai...jaja
      J.L tes moita imaxinacion ti eh
      pero a min tamen me pasa :S
      amollor si que tes razon

      Eliminar
  3. Hemos sido testigos de ataques contra lo inherente en nuestra sociedad, de hecho están estudiando científicos alemanes ese tema tan usufructo que nos concierne en el día a día, trasnos de esos everywhere, seres inhertes que sufren prúritos muy bestias y alardean de ello. Es por eso que en la actualidad hay grupos de trampantojos tan importantes que se representan hoy aqui en este blog tan fabuloso y lleno de croque. Es de admirar que un grupo de alumnos sean tan ilustres poetastros, muy especializados en caliqueños claro está. Protusiones, esas formas del equilibrio material presente en nuestro ser; desarrollos del sólido rígido con fuerzas coplanares muy extendidas hoy en día en nuestros estudios; Tan útiles como un niño en un esvarizaculos.
    La filosofía consiste en decir refranes con palabras difíciles. Utilidad?... poca.

    ResponderEliminar
  4. Para anónimo do 22 de xaneiro: Ola. O primeiro parágrafo non hai quen poda entendelo (proba de novo). O segundo témome que si, e só son capaz de dicir dúas cousas: 1) éste non é un club/blog de filosofía, senón de cómic e literatura (se alguén mete algo de filosofía será porque sae así a cousa, sen máis); 2) a filosofía nunca foi nin pode ser un refrán ou unha colleita deles, pois desde o comezo é xustiño o contrario (o contrario da "doxa", do que se di ou cre nos refráns, etc.). Se a filosofía existe ou non se pode discutir (eu penso que existen os filósofos, non todos interesantes), pero o da "utilidade" penso que ven dun malentendido. A falta de utilidade da filosofía ten que ver con que non é "produtiva" (non produce patacas, nin metralletas, nin combustible, nin chuches, nin diñeiro tampouco). A súa falta de "utilidade" se entende nese sentido. Agora, se por falta de utilidade se quere dicir falta de valor, ou que a unha persoa concreta non lle vale de nada saber qué dixo Nietzsche, Deleuze, Hannah Arendt ou Heidegger, outra vez en desacordo. Ah: e tampouco deixa de ser un tópico o de que os filósofos falen con palabros (sic) difíciles: os grandes falan ben clariño (algún que outro non, certo); o que pasa é que ás veces leva algo de tempo ler o claro que falan de cousas non visibles á primeira, é dicir, nos refráns da avoa.
    ¿Hai filosofía en Marte...?
    Love and peace.

    ResponderEliminar