sábado, 3 de marzo de 2012

Algo sobre o conflito entre Irlanda e o Reino Unido

Tanto no conto de Borges (que transcorre en 1824 e algo despois, pero no XIX) como no de Pratt (que transcorre en 1917: ver tumba da páxina VI, viñeta final) o conflito británico-irlandés está en primeiro plano. Por conseguinte é imprescindible algo de información sobre isto. Propoñemos un enlace que leva á páxina "Cronología histórica de Irlanda", do blog "Innisfree".
Que non cunda o pánico: é unha cronoloxía telegráfica, brevísima. Para acabar antes, e dando por sentado que desde o XVII Irlanda está baixo o dominio da Corona Inglesa, e que no XIX o nacionalismo, con diferentes tendencias, crece en Irlanda ata ser a finais dese século a ideoloxía dominante no país, propoñemos fixes a túa atención nos anos 1845 (inicio da Gran Fame da pataca), 1905 (creación do "Sinn Féin": "Nosoutros Mesmos" ou "Nosoutros Sos"), 1914 (creación do IRA), e sobre todo 1916 (Insurreción do Luns de Pascua). Aí atoparás cinco notas: a 1 debes lela; a 2 é conveniente. As demais podes saltalas. Logo disto quedan o ano 1918 (o "Sinn Féin" gaña as eleccións), e os anos 1919-1921 ( a Guerra de Independencia), pero sería posterior aos feitos do cómic de Corto Maltese. Naturalmente, calquera pode ver na rede mil cousas máis, pero escollemos isto pola sús brevedade e por fuxir da Wiki de sempre.
¿O enlace?: aquí o tes: pincha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario