martes, 27 de marzo de 2012

Pratt e Borges: Reunión IV (27.3.12). Derrotado

"Look at me, I'm in tatters! /I'm a shattered /Shattered"
Reunímonos hoxe só cinco persoas nunha peculiar xuntanza.
Desgraciadamente parece que os contos de ambos autores non foron ben recibidos: non gustaron en xeral, ou non foron comprendidos, ou non houbo interese en comprendelos. Non sabe un.
Está claro que este blog non é visto polos membros deste club, ou polo menos polos que hoxe estaban na reunión, e iso implica menos información (sobre os mitos irlandeses, a historia de Irlanda, o filme de Ford, etc.), menos coñecemento do "con-texto" que axuda non só a comprernder os textos de Borges e Pratt, senón que axuda a disfrutalos. Se perdemos o contexto dos textos, ¿para que un club de lectura?
A verdade é que se dixo na reunión que outros relatos anteriores gustaron máis. Admitido. Mais un pregunta, ¿influiría niso que houbo un maior esforzo por coñecer o contexto das obras anteriores, ou será que agora non houbo ese interese polo contexto debido á falta de atractivo da entrega IV?
B. dixo que o conto de Borges non lle gustou porque era demasiado denso e erudito, mais si o cómic. Especialmente as miradas dos personaxes, insistindo na importancia da rebelión irlandesa para mellor comprender o relato prattiano. L. queixábase de que ambas historias non tiñan o enganche que si tiñan as anteriores, especialmente a entrega I. Dicía que o cómic de HP era só unha historia dunha vinganza e pouco máis. Un contestou que reducir ese relato prattiano a iso era ser pouco xeneroso con Pratt: o fundamental estaba detrás, en Banshee, na relación dela cos tres homes e co seu destrino, e co mito irlandés. Que HP soe traballar así, en dous niveis: o superficial "de acción", e o outro, máis profundo e erudito, mais cunha erudición posta ao servicio da historia e dos personaxes en relación. Non pareceu estar moi convencida. C. pola súa parte insistía na pouca riqueza dos debuxos (dos carros de combate, nalgún perfil de Corto, dos interiores...) e que a historia carecía de forza. Parecía extrañado da relación coa película de Ford... Un intentou nalgún momento comentar a páxina final, pero xa sen moito espíritu combativo: a batalla estaba perdida, en apariencia. Demasiadas miradas pola ventá, demasiado pendentes do reloxo...
Non queda senón remitirse a este blog e ás entradas que non foron vistas, polo que parece. ¿Ford, tradición xudía, estilo gráfico de Pratt, os versos de Yeats, o nome de Banshee en realación coas Moiras...? Todo parece quedar atrás, talvez pola coincidencia cos exames, talvez pola falta de habilidade do coordinador deste club, talvez por... Quen sabe.
Derrrotado, pois. ¿Ten sentido seguir con este blog se os compoñentes do club non pensan miralo e telo en conta para as reunións?
É para pensalo seriamente. De verdade.

4 comentarios:

  1. si que ten sentido seguir co club,e moito! a min gustanme moito os relatos e creo que aprendemos moito con eles xa que non soen ser as tipicas cousas que che mandan ler na clase e ademais fannos pensar que eso é algo bo.
    xa lin o do cloro e gustoume moito e pareceme algo moi verosimil, xa que a veces pasannos cousas parecidas non?
    ainda que non entendin o final. A chica pasaba del?
    non sei...terei que volver leelo

    ResponderEliminar
  2. Vexo polo que dis que non estiveches o outro día na última reunión... Verás, quedou claro que ninguén mirara a entrada dedicada a John Ford en relación co cómic de Hugo Pratt, co cal ese comezo e outra cousas de ambos autores quedaron na sombra, sen comprender por quedar descontextualizadas, e sen tratar na conversación sequera. Polos comentarios sobre a forma de debuxar de Pratt tamén quedou claro que ninguén mirara sequera a entrada dedicada ao estilo tan particular deste autor, que neste cómic se nota en certos silencios, en certas miradas e sobre todo nalgo que non fun capaz de converter en tema de diálogo: o final na praia. Tamén quedou claro que ninguén mirara, ou en todo caso coa suficiente atención, a entrada dedicada á chica e ao seu nome, escrita por M., unha colaboradora. As lendas irlandesas, e incluso os mitos gregos, están nesas viñetas, pero se non sabemos velos non hai forma de facer unha lectura máis rica, e quedamos na superficie: ou sexa, unha simple historia de acción con catro tiros e pouco máis. Iso non é Pratt, nin Corto, nin Borges. Dos versos de Yeats tampouco hobo forma da sacar nada, e penso que tiñan o seu aquel, pero para iso outra vez hai que tomarse a molestia: o destino, o reparto de papeis entre heroes e villanos, o tempo circular, un montón de cousas...
    Non recoñecín lecturas desas que indico, e o resltado foi o que intento reflexar na entrada ésta. Para min non foi unha boa reunión, e a concentración era, digamos, baixa. Pareccía unha obrigación, un compromiso social cun parente pobre máis ben incómodo. Non entende un que iso sexa un club de lectura, nin un blog dese club debe ser ninguneado desa forma.
    Pero as cousas como son: todo isto é voluntario, e se a xente non quere ler o blog, o resultado é unha reunión máis ben pobre de contidos, e unhas lecturas dos relatos máis dificultosas, co risco (real) de non entender esas historias e polo tanto non varolalas como se debe (é unha opinión, claro). ¿Ten pois sentido que un siga preparando o blog, pois ninguén parece lelo? E xa postos, ¿ten sentido un club de lectura onde todo consista en ler pola conta cada un e logo facer un mes despois unha simple reunión de corenta minutos escasos? Eu creo que non merece a pena (é outra vez unha opinión). "Para ese viaje..."
    Polo demais, non vaias tan deprisa con "El gusto..." Espera un pouco ás entradas: hai cousas complexas ou escuras. Necesitas , creo, outra ou outras lecturas máis repousadas. É un erro ler un cómic demasiado deprisa.
    Un saúdo. E moitas gracias polo teu escrito. Chao...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. canta razón brota das tuas palabras...
      pero eu penso que en xeral non lle dedicamos tempo da bondo ao club ( ou ao blog ) polo agobio das ultimas semanas os examenes..etc
      eu, persoalmente, encargareime de leer o blog a miudo
      gracias!

      Eliminar
  3. Si. Certo: é verdade: os exames, que foron moitos, e outras cousas e compromisos. É verdade. Pero a Entrega IV de Borges-Pratt está datada no blog o 23 de febreiro, e a reunión tivo lugar este martes pasado, día 27 de marzo. Se conto ben é algo máis dun mes dos largos (non de menos de trinta días, quero dicir). Vale, eran moitas entradas, pero tamén moitos días.
    Non obstante, será mellor deixalo. Todo isto é voluntario, e quen non quera ver o blog, pois ben, e quen non quera ler os relatos, pois ben, e quen non quera asistir ás reunións, ou asistir e non dicir nada, ben outra vez. Todo é voluntario. Faltaría máis... Propoño pois cambiar de tema.
    Un saúdo a quen estea aí, e boas vacacións!
    D.F.

    ResponderEliminar