domingo, 4 de marzo de 2012

Yeats na cabeza (do conto) de Borges

O conto de Borges, se está completo como debe, comeza cunha cita, cun fragmento dun poema do irlandés Yeats , autor tamén querido por Hugo Pratt. Aquí podes ler ese poema completo (en inglés, por certo: sen comentarios). E aquí podes lelo en castelán, se baixas ata ver o título "Mil novecientos diecinueve" (lembra a entrada anterior, a cronoloxía da historia de Irlanda e alí o ano 1919 claro). Ese poema ten seis partes, e a cita de Borges é un fragmento da parte II, polo que debes baixar ata alí. Nesa parte II se fala dunha Loie Fuller, unha bailarina estadounidense entonces moi coñecida cunha técnica moi innovadora de efectos visuais dos que Yeats escribe para referirse a outra cousa.
Ben, Borges parece botar man deste fragmento porque é un poema que fala dos feitos de 1919 en Irlanda, pero posiblemente tamén por algo máis: ¿o Destino ou destino, que goberna sobre as miserias humanas sen nós saberlo sequera?, ¿a noción circular do tempo?, ¿o reparto de roles ou papeis entre humanos, heroes ou villanos, reparto que non está nas nosas mans dominar e que Borges trata tamén noutros relatos como "Tres versiones de Judas", tamén versioneado por Pratt, ou "Los teólogos", onde tamén hai referencias á noción cíclica do tempo? ¿A que se pode estar referindo Borges? ¿Hai algo disto tamén na interpretación de Pratt? Ao parecer o cineasta italiano Bertolucci tamén fixo unha versión cinematográfica en 1970 deste conto... ¿Bertolucci insistira entón nalgo parecido?
Non queremos responder. Haberá opinións variadas, ou esperamos que as haxa...
¿E ben...? Por certo, ¿"Año Platónico"...?

"Así hace el Año Platónico: gira/ cada vez, bien o mal, en el viejo cambio;/ todos los hombres son danzantes; y andan/ según el bárbaro martilleo de un gong" (Yeats)
PS: Un enlace final onde podes ler a Borges falando dos seus contos. Xa contarás...

2 comentarios:

  1. Non estou seguindo o blog, pero deixo aquí un exemplo de la Fuller, (atoparedes por ahí moitos exemplos inspirados nas súas danzas, sobre todo na Serpentine Dance)
    http://www.youtube.com/watch?v=a-EJxn3cfXc

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias por el enlace...
    D.F.

    ResponderEliminar