viernes, 16 de diciembre de 2011

Convocatoria da reunión I sobre Adrian Tomine


Ola a todos: este luns, día 19 de decembro, ás 11:00 hs. (no recreo, vaia), quedamos á entrada do noso edificio, diante de conserxería, para ter a nosa primeira reunión do noso club de lectura, coa excepción comprensible dos que seguen este club vía internet.

Reunirémonos na pequena habitación pegada á conserxería unhas nove ou dez persoas para falar das dúas historias de Tomine e dos contidos (entradas, comentarios) deste blog.

Considero importante ser puntuais, e levar os relatos de Tomine. Éstes deberían ser lidos e relidos co fin de que a reunión sexa o máis produtiva posible..., pero lembra que nada neste club é obrigatorio. Facemos isto "por deporte".

Insisto no de reler os relatiños e o de ver as entradas (¿que pasa con Piglia?, ¿morde?) e os comentarios que sempre suxiren cousas e novas aproximacións. Se alguén quere meter algún comentario máis este fin de sem,ana, bendito sexa: adiante.


Ese mesmo luns serán repartidos dous contos de sendos escritores estadounidenses para poñelos en relación con Tomine á volta de Nadal (a reunión II podemos facela poucos días despois da volta de vacacións).

No hay comentarios:

Publicar un comentario