Mostrando entradas con la etiqueta BRIEVA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BRIEVA. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de enero de 2012

Daniel Clowes no noso país e na nosa biblioteca

Clowes editado en España: Se temos en conta soamente o publicado como album, tedes un montón de cousas en La Cúpula, e se pinchas aquí accedes ao catálogo desa editorial catalana. Se agora pinchas aquí podes ler algo sobre Ice Haven (Ed. Mondadori) no famoso blog de cómics "La Cárcel de Papel" (perderse un pouquiño polas entradas deste blog merece a pena). Para máis información, aquí tes unha entrevista co propio autor, e aquí podes ir á Wiki, se é que tes o día máis ben vago.
Clowes na nosa biblio: Non podemos ter calquera cousa, e ter temos desde fai moitísimo tempo Ghost World (Mundo Fantasmal), editado por La Cúpula, moi recomendable. Hai versión cinematográfica desde fai anos, pero a verdade é que está moi cambiada respecto ao cómic, e introducen nin máis nin menos que ao propio Robert Crumb como personaxe, amigo do director , Terry Zwigoff (que fixo un impresionante documental sobre Crumb) e mentor de Clowes, Tomine e tantos outros autores "alternativos" de EE UU, Canadá ( Chester Brown, Matt...) ou Europa (Max, Brieva...). Temos tamén o album a cor Wilson, moi bo igualmente e morto de risa nos anaqueles da nosa biblio esperando ao Fin do Mundo e o Xuízo Final, amén (aleluia, etc.).
Se alguén quere comentar algo (aleluia, amén, etc.) sobre estas obras, todas atopables nas biblios públicas, sería moi de agradecer. E xa.