Mostrando entradas con la etiqueta SCHOLEM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SCHOLEM. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de marzo de 2012

Cábala, Borges, Hugo Pratt

¿Que relación hai entre a "cábala" (ou "kábala"), a obra de Borges e Pratt? Intentaremos non extender demasiado esta entrada, por non liarnos.
Comecemos por unha definición breve de "cábala": "Tradición mística y esotérica hebrea que intenta explicar doctrinas ocultas de Dios mediante la exégesis de la Biblia". (Fonte: pinchése aquí). Se agora desexamos entrar máis en profundidade, busquemos na rede, pero advirtamos que non todos teñen a mesma visión da cábala. P. ex., podes ver na Wiki., perderte un pouco e seguir os enlaces...
Borges: o escritor arxentino chegou a dicir nalgunha ocasión que a diferencia da maioría dos arxentinos el non era crente, pero a diferencia igualmente deles sentía un forte interese polas cuestións de natureza teolóxica (en sentido amplo). Tamén sentíase atraído pola sabedoría hebrea e a cábala en particular, tendo relación con Gershom Scholem, morto en 1982 e gran coñecedor da cábala, quen tamén tivo algo que dicir sobre os supostos coñecementos de Borges ao respecto... Para saber máis disto e da relación da obra de Borges coa cábala, ver aquí e tamén neste outro lugar. Para ter unha idea da figura de Scholem, quen no seu momento tamén tratara ao escritor, ensaista e filósofo Walter Benjamin, podes pinchar agora aquí, e se queres máis, aquí tamén.
OK. ¿E Pratt? A relación de Pratt coa cábala ten outra cor, e dalgún xeito volve a evidenciar a diferencia de caracteres de Borges e Hugo Pratt. A súa relación ten que ver coa súa propia familia, coa casa da súa avoa, coa a súa propia nai... Corto parece que aprendera nos seus primeiros anos coñecementos cabalísticos en... Córdoba... Mais volvamos a Pratt, quen fai aparecer de contínuo a cábala e a tradición e sabedorías hebreas nos seus relatos (e prólogos aos seus álbumes, moi ricos en información). Botemos man das súas propias palabras: ver aquí, nesta entrevista, e baixemos ata a antepenúltima pregunta-resposta ("A propósito del pasado, ¿por qué no ponemos de una vez en orden tu genealogía?", etc.), onde fala da súa familia de orixe sefardita: pinchemos aquí. En moitas historias de Corto Maltese, pero tamén noutras que non son desa saga, a cábala e a sabedoría hebrea está presente ou moi presente: "Al Oeste del Edén", "Fábula de Venecia", "Corte sconta detta arcana", etc.
Pero prometeramos ser breves, e cumprimos por unha vez coa nosa palabra.
Quedan as obras de JLB e HP...